As cifras corroboran a boa xestión dos Socialistas de Brión

 

Agora que comezamos a dar pasos decididos cara a recuperación da total normalidade, cun elevado número de conveciños e conveciñas vacinados e cando mesmo hai quen se atreve a poñerlle data de caducidade ás máscaras... tamén é interesante ir recuperando outras tradicións, como a de comentarvos o contido das sesións plenarias. Entre outras cousas para que teñas información veraz e de primeira man do que realmente acontece.
 

 

A deste mes de xuño foi un pouco lixeira en canto aos debates, pois na maioría de casos se trataba dunha dación de contas do Goberno, é dicir, que o Goberno dirixido por Pablo Lago presenta ao resto da corporación o resultado da súa xestión, neste caso económica. Así, o Pleno tomou coñecemento da liquidación de 2020, un exercicio que corrobora a boa xestión do equipo Socialista: un resultado axustado de 1.067.946 euros, un remanente de tesourería para gastos xerais de 5.908.368,02 euros e cunhas porcentaxes de execución elevadas (do 67,3% en gastos e do 83,09% en ingresos).

 

Froito desa boa política económica, o Concello cumpre coa estabilidade orzamentaria, deixa o período medio de pago en 16,68 días (case a metade do límite marcado) e mesmo aprobou o pago de case 28.000 euros en facturas atribuíbles a 2020 pero que as empresas emitiron con posterioridade a decembro de 2020. Unhas boas cifras que se traducen nun concello saneado e ben xestionado, con capacidade para dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas.

0 comments:

Publicar un comentario