Xornada informativa aberta para explicación do proxecto da central hidráulica reversible do Tambre que está a tramitar a Xunta de Galicia.

 

Recordamos que, debido a complexidade técnica da documentación enviada por Augas de Galicia, o grupo de goberno encargoulle a unha empresa especializada o seu análise detallado e a realización dun informe sobre como pode afectar este proxecto a veciñanza de Brión e onde indiquen a posibilidade de presentación, por parte do Concello e dos veciños e veciñas, das pertinentes alegacións ao respecto.

A reunión terá lugar este xoves día 16 de febreiro no local social de Cornanda en dúas convocatorias: ás 16:00 horas e ás 20:30 horas, para así facilitar o acceso de todos os veciños e veciñas que o desexen. De feito, a primeira convocatoria está pensada especialmente para que os gandeiros e gandeiras da zona poidan asistir e non interferir no seu traballo diario.

Nesa xuntanza, ademais de explicar polo miúdo o contido deste proxecto, proporemos a creación dunha COMISIÓN DE SEGUIMENTO na que estean representados tanto persoal municipal, como persoal técnico e tamén os veciños e veciñas para poderen estar permanentemente informados de todos os pasos que se vaian dando.

Así mesmo ofreceremos un SERVIZO DE ASESORAMENTO TÉCNICO prestado por un estudo técnico de enxeñería no que se resolverán todas as dúbidas que teñan as persoas que soliciten este servizo e, de ser o caso, as asesorarán na redacción e presentación das alegacións que desexen.

#noscoaveciñanza #cumprimos #obrionqueavanza

0 comments:

Publicar un comentario