Benvid@s

É un enorme pracer darche a benvida ao espazo virtual do Partido Socialista de Brión. A informacióne a proximidade ao cidadán van da man nesta páxina web. Aquí poderás atopar datos actualizados sobre o PSOE de Brión, así como as noticias máis destacadas do noso partido.

Recibe un cordial saudo.

D. Pablo Lago Sanmartín

Candidado a alcaldía do Concello de Brión

Mais melloras para o noso rural

Comezan as obras de mellora do viario de acceso a Babenzo (Bastavales) onde se investirán arredor de 270.000€.

As obras executadas pola empresa Ponciano Nieto S.L. ao abeiro do Plan de Obras e Servizos POS+Adicional 2/2022 da Deputación da Coruña contemplan a mellora na capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente, a instalación de tubaxe para canalización de pluviais, a apertura de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe, a creación dunha senda peonil que incrementará a seguridade dos peóns que circulan pola zona, a colocación de nova sinalización horizontal e o repintado de liñas de bordo e símbolos.

Estas obras teñan un prazo máximo de execución de seis meses.

#noscoaveciñanza #cumprimos #obrionqueavanza

Xornada informativa aberta para explicación do proxecto da central hidráulica reversible do Tambre que está a tramitar a Xunta de Galicia.

 

Recordamos que, debido a complexidade técnica da documentación enviada por Augas de Galicia, o grupo de goberno encargoulle a unha empresa especializada o seu análise detallado e a realización dun informe sobre como pode afectar este proxecto a veciñanza de Brión e onde indiquen a posibilidade de presentación, por parte do Concello e dos veciños e veciñas, das pertinentes alegacións ao respecto.

A reunión terá lugar este xoves día 16 de febreiro no local social de Cornanda en dúas convocatorias: ás 16:00 horas e ás 20:30 horas, para así facilitar o acceso de todos os veciños e veciñas que o desexen. De feito, a primeira convocatoria está pensada especialmente para que os gandeiros e gandeiras da zona poidan asistir e non interferir no seu traballo diario.

Nesa xuntanza, ademais de explicar polo miúdo o contido deste proxecto, proporemos a creación dunha COMISIÓN DE SEGUIMENTO na que estean representados tanto persoal municipal, como persoal técnico e tamén os veciños e veciñas para poderen estar permanentemente informados de todos os pasos que se vaian dando.

Así mesmo ofreceremos un SERVIZO DE ASESORAMENTO TÉCNICO prestado por un estudo técnico de enxeñería no que se resolverán todas as dúbidas que teñan as persoas que soliciten este servizo e, de ser o caso, as asesorarán na redacción e presentación das alegacións que desexen.

#noscoaveciñanza #cumprimos #obrionqueavanza